'Un camiño de historias', un espazo para contar e escoitar
Publicado o 08/10/2021 16:41
Vense pasar polas nosas rúas e camiños, pero descoñécense moitas das súas historias e experiencias. Son os peregrinos. Para que poboación local e os peregrinos se coñezan mellor púxose en marcha un espazo virtual que se chama 'Un camiño de historias'. Trátase de fomentar o aspecto humano e espiritual das rutas xacobeas.
Alí xa se poden escoitar e ver os seus testemuños. Peregrinos e poboación local por onde pasan as rutas xacobeas que contan as súas experiencias.
O aspecto humano do fenómeno xacobeo é o que quere recuperar este proxecto máis aló do intercambio económico entre peregrinos e poboación local.
'Un camiño de historias' é unha iniciativa promovida pola Asociación Galega de Cultura e Desenvolvemento Rural.