CRTVG

Buscar

Un Burela feble en defensa cae en Cartaxena (7-4)

Publicado o 23/01/2021 18:06

 Cartaxena 7 Burela Pescados Rubén 4
Pois esta información que viron e escoitaron é a última que realiza nesta casa o noso compañeiro Sergio Delpont. Hoxe xubílase despois de máis de 35 anos de traballo na Televisión de Galicia, na que estivo desde os seus inicios. Unha aperta moi grande e parabéns. Agora, a gozar dun máis que merecido descanso. E continuamos con fútbol sala, e coa derrota apañada esta mañá polo Burela en Cartaxena.
O equipo galego sumou o quinto partido consecutivo sen gañar. Caeu na pista do terceiro clasificado do campionato. Alex Diz puxo o Burela por diante pero o Cartaxena tardou só uns segundos en igualar. Ao descanso, o marcador sinalaba un incerto 2-1 pero na segunda metade o Burela caeu vítima da súa febleza defensiva. 7-4 foi o marcador final deste partido que abría a segunda volta na Primeira División.

Noticias web

23/01/2021

Máis sobre actualidade