CRTVG

Buscar

Un burato traga un autobús na China e morren seis persoas

Publicado o 14/01/2020 15:23

As cámaras de seguridade recolleron o momento en que a terra cedía baixo o autobús de pasaxeiros que acababa de chegar á súa parada.

Tras o afundimento, que provocou un burato dun 80 metros cadrados, produciuse unha explosión que foi seguida de outras máis pequenas.

O sinistro deixou polo menos seis persoas mortas, outras dezaseis tiveron que ser trasladadas ao hospital e crese que podería haber entre catro e dez viaxeiros desaparecidos.

O suceso aconteceu cando eran as cinco e media da mañá, hora local na cidade de Xining, no noroeste da China.

Nas últimas semanas aconteceron outros sinistros semellantes a este que está baixo investigación mentres medran as críticas polos escasos estándares de seguridade que rexen a obra pública na China.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020