CRTVG

Buscar

Un brote nunha cea en Madrid provoca tres casos de coronavirus en Galicia

Publicado o 15/07/2020 18:30
Un brote nunha cea en Madrid provoca tres casos de coronavirus en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Comunidade de Madrid notificou hoxe ao Ministerio de Sanidade un novo brote con cinco casos positivos confirmados que ten orixe nunha cea celebrada entre oito persoas nun domicilio particular de Madrid capital o pasado 4 de xullo.

A comunidade tamén notificou ao Ministerio que este brote ten 61 contactos identificados en colaboración coas comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, País Vasco, Cataluña e Andalucía, xa que 3 dos positivos e 2 dos contactos da cea volveron aos seus lugares de orixe viaxando en dous trens, un voo nacional e vehículos particulares.   

Dos 5 positivos, dous están en Madrid e 3 en Galicia. Segundo informou a Consellería de Sanidade, ningún deles está hospitalizado.

Nos 61 contactos incluíronse os contactos estreitos dos dous trens, do voo e dos viaxeiros que compartiron coche aos lugares de destino.

Todas as comunidades autónomas afectadas están informadas e teñen toda a relación dos contactos para que fagan o seguimento, salientou o Goberno rexional.