CRTVG

Buscar

Un Breogán superior logra o primeiro punto no playoff fronte a Palma

Publicado o 22/05/2021 21:41

O Río Breogán comezou o playoff polo título cun triunfo na casa ante Palma
Os galegos sentenciaron ao comezo do terceiro cuarto onde acadaron un parcial de 23-11 e souberon xestionalo no arreón final dos baleares. Kacinas e Solazzo achegaron 13 puntos cada un, Iván Cruz e Larsen, doce. O danés mancouse no derradeiro minuto e rematou o partido coxeando. O mércores, o segundo partido onde o Río Breogán podería pechar o seu pase á seguinte eliminatoria.

Noticias web

22/05/2021