CRTVG

Buscar

Un braseiro causou o incendio en que morreron dous septuaxenarios en Málaga

Publicado o 30/12/2019 14:07

Un braseiro causou o incendio en que morreron dous septuaxenarios na súa vivenda de Cártama, en Málaga.

Aínda non está claro se se debeu a un fallo eléctrico ou se ardeu a mesa de braseiro onde estaba a estufa. O funeral polo matrimonio falecido celebrouse esta mañá.

A neta, de 15 anos, que estaba na casa cando se declarou o incendio, a noite do sábado ao domingo, xa saíu do hospital, igual que o garda civil que se intoxicou por inhalar fume.

Noticias web

30/12/2019

Máis sobre actualidade