CRTVG

Buscar

Un botellón no centro histórico de Lugo indigna os veciños da cidade

Publicado o 04/01/2021 14:33

Varios grupos de rapaces amoréanse diante dos establecementos da rúa dos viños de Lugo sen distancia, sen máscara e bloqueando as entradas a negocios e vivendas. 

"Póñense no portal, poñen na porta as botellas". "Bloquean a entrada os clientes dan a volta e non volven, perdémolos", explican os veciños.

A escena non é puntual, así o denuncian os hostaleiros e veciños. Algúns culpan da situación a algúns hostaleiros que ofertan copas a baixo prezo e isto actúa de efecto chamada para os máis novos.

A presenza da policía dispersa os mozos, pero só de xeito momentáneo.

Tamén se investiga outra festa, neste caso nun bar de Meira. Os asistentes tampouco cumpren coas medidas sanitarias. Ao parecer, tivo lugar o día de Aninovo durante o horario de apertura do establecemento.

Noticias web

04/01/2021