Xunta e representantes das comunidades de montes colaboran para crear un bosque na contorna da cidade de Vigo
Publicado o 06/08/2019 14:28
Primeiro paso para crear un bosque na contorna da cidade de Vigo. Hoxe, representantes das comunidades de montes e da Xunta asinaron un acordo de colaboración para desenvolver un plan a tres anos.
A Administración autonómica investirá nesta primeira fase máis dun millón de euros. Buscan a restauración total da masa forestal das terras que arderon na vaga de incendios de hai dous anos.