CRTVG

Buscar

Un bombeiro e seis veciños trasladados ao hospital intoxicados por fume nun incendio en Portonovo

Publicado o 23/02/2020 15:00

O lume comezou arredor das oito da mañá no dormitorio principal deste piso, no terceiro andar do número 11 da rúa Porvir, en Portonovo. A muller que estaba no interior do piso alugado, viu as lapas, segundo conta, ao sair da ducha. Pediu axuda, saiu polo seu propio pé no edificio, sen ter respirado fume e sen quiemaduras. Foi o dono, o propietario de todo o edificio que vive no segundo e outro veciño os que chamaron, primeiro ás emerxencias e despois porta por porta ao resto de veciños do edifico, ante o medo de que algún estivera dormido.

Os bombeiros de Sanxenxo chegaron a este dedifico cercano á Praia de Caneliñas en quince minutos e foron apoiados por outras dúas dotacións, a de Pontevedra e a do Salnés. Tardaron en sufucar as lapas e orear o fume case tres horas. O edifico, construído en 1996, ten 5 plantas e unha buhardilla. Os seis veciños que tiveron que ser traslados ao hospital pontevedrés de Montecelo, afectados por inhalación de fume, vivían todos porriba do andar onde se orixinou o lume, o terceiro.

 Os dous veciños do cuarto e os tres do quinto sairon sen dificultade pero xa afectados polo fume. Permaneceron no seu piso un home unha mulle no último andar, o do rocho. Segundo os bombeiros con bo criterio ata que foron axudados, cunha escada exterior, por os profesionais. Todos eles, seis veciños, e un bombeiro, foron traladados ao hospital. As causas do lume están sendo investigadas.

Noticias web

23/02/2020