CRTVG

Buscar

Un benfeitor anónimo ofrécese a salvar o comedor social de Cangas

Publicado o 18/01/2019 13:51

Boas novas para os responsables e usuarios do comedor social de Cangas do Morrazo. Un benfeitor anónimo ofreceuse para salvalo. Polo de agora non saben de quen se trata e de se algún día transcenderá o seu nome. Eles só están agradecidos por acudir no seu auxilio.

Foi a chamada máis agardada e finalmente produciuse. A responsable do comedor social de Cangas do Morrazo non agocha a súa ledicia. Unha persoa púxose en contacto con ela para dicirlle que de aí non os bota ninguén.

Non saben quen é nin tampouco se nalgún momento transcenderá o seu nome, pero eles quedan no local en que levan xa dez anos e que é un empresario o que acudiu na súa axuda.

Os usuarios do comedor social estaban moi preocupados e preguntábanlles aos resposables se ían estar alí para atendelos. O local está nun sitio recollido, sen estar á vista do público, polo que os usuarios van con tranquilidade de non ser recoñecidos.

Queren poñer unha placa no local para agradecerlle ao benfeitor que salvara o comedor e facerlle unha festa unha vez ao ano para agradecerlle o seu bo labor.

Noticias web

18/01/2019