CRTVG

Buscar

Un bebé de 16 meses, ferido moi grave tras precipitarse accidentalmente dende un segundo piso

Publicado o 03/08/2021 18:50

Unha pequena de 16 meses quedou ferida de carácter moi grave hoxe tras precipitarse accidentalmente desde a xanela dun segundo piso na súa vivenda do barrio de Villaverde, en Madrid.
Varios veciños alertaron da presenza da nena tendida na rúa tras precipitarse ao baleiro. O bebé caeu desde uns seis ou oito metros de altura, e, debido ao forte impacto, sufriu un traumatismo cranioencefálico severo.

Os primeiros indicios apuntan a que a menor estaba nun cuarto e, sen que a súa nai se decatase, subiu á xanela, que estaba aberta, e caeu.

Noticias web

03/08/2021