CRTVG

Buscar

Un bebé acabado de nacer, entre os novos catro casos de listeriose

Publicado o 31/08/2019 21:45

Logo da clausura das instalacións de Magrudis este venres, a investigación trata de localizar agora outros cincuenta produtos que a empresa ofrecía nun listado de distribución atopado durante as inspeccións.
 "Son cincuenta produtos que non se sabe se producia Magrudis ou so comercializaba e que non se sabe onde están" afirma Rubén Sánchez,voceiro de Facua.

Facua denuncia que a empresa Magrudis, na que se localizou o foco de listeriose, carecía de licenza de apertura. A asociación de consumidores pide a intervención inmediata da xustiza para que se apliquen medidas cautelares ante o risco de destrución de probas.Rubén Sánchez, asegura que "estivo cinco anos sen licenza de actividade, seis anos sin estar no rexistro da consellería de agricultura e estivo funcionando varios anos sen rexistro sanitario".

69 persoas estan aínda hospitalizadas en Andalucía. A maioría en Sevilla, onde Eduardo botou ingresado tres semanas por unha meninxite causada pola listeriose.

"Cando me levaron ao hospital non coñecía os fillos, non coñecía nada, tolo perdido", di Eduardo. "Para min que non están sendo moi legales posto que teñen outros produtos no mercados no mercado que non declaran...non lle da medo o que está pasando . Morreron xa tres persoas", afirma a súa filla.

Entre os 4 casos novos detectados nas últimas horas encontrase un bebé que naceu coa infección. 28 mulleres embarazadas continuan recibindo tratameno.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/08/2019