Un Baxi Ferrol demasiado dependente da tripla apaña a segunda derrota consecutiva
Publicado o 02/10/2021 20:00
O Baxi Ferrol caeu na Malata ante o Cadí La Seu: 54-61. Apañou así a súa segunda derrota consecutiva logo do triunfo na súa estrea.
Confirmouse que o conxunto departamental depende moito da tripla: 0/9 no primeiro cuarto e 6-12 abaixo. No segundo si que funciounou o lanzamento de tres, 6 de 8, e déronlle a volta o marcador. Marcharon o descanso tres arriba: 32-29.
Pero un parcial de 6-19 no terceiro puxo moi costa arriba o final do partido e acabaron caendo. 11 puntos de Natalia Rodríguez (con tres de catro en triplas) e outros 11 e 6 rebotes de Jenna Allen.