CRTVG

Buscar

Un barco, en corentena no porto de Burela tras daren positivo os seus 17 tripulantes

Publicado o 18/11/2020 14:48

Galicia suma un novo barco en corentena. O Adviento Un está amarrado en Burela con 17 mariñeiros a bordo. As PCR que lles practicaron nas últimas horas acaban de confirmar que todos deron positivo en coronavirus.

Un dos mariñeiros tiña síntomas compatibles coa covid e xa non chegaron a desembarcar. Un equipo do Sergas trasladouse ata o buque para tomarlles as mostras. Agora deberán permanecer alí confinados.

O barco é un pincheiro integrado na Asociación de Armadores.

Noticias web

18/11/2020