CRTVG

Buscar

Un barco como alugueiro vacacional en Baiona

Publicado o 26/10/2021 21:30
A do 'Navis Siren' é unha iniciativa pioneira en Galicia

Xa está listo para recibir os seus primeiros hóspedes. Terán as mellores vistas e todas as comodidades. É un barco pero ofrece o confort dunha casa. A diferenza é que un pode cociñar mentres navega, por exemplo, pola ría de Vigo

Ofrecen o barco como alugueiro vacacional e xa teñen reservas. Ademais de navegar ou pasar a noite os hóspedes deste "barco serea" poderán participar noutras actividades complementarias relacionada co mar
 

Noticias web

26/10/2021