CRTVG

Buscar

Un bar do Carballiño sela o boleto do millón de euros

Publicado o 13/11/2019 15:08

Unha administración de lotería do Carballiño, Ourense, selou o boleto acertante do millón de euros do Euromillóns de onte.  Foi na cafetería restaurante Fuchela, onde esta mañá non sabían quen era o ganador. O mesmo establecemento repartiu o no pasado 73.000 euros en premios. 

Na administración de lotería da cafeteria Fuchela do Carballiño, Ourense, repartiron o ano pasado premios de entre mil e 43.000 euros, pero nunca un tan grande coma o de onte, o millón de euros do sorteo de Euromillóns. Non saben quen é o ganador, só que o boleto se selou alí.

"Sabemos que foi unha aposta de cinco, aposta cuberta á man".

"Os clientes que son asiduos de todos os días xa falamos con eles e de momento non apareceu", di Juan José Álvarez Barroso, propietario da cafetería restaurante Fuchela.

Desbotados os clientes máis asiduos, na cafetería din que o afortunado tanto pode ser algúen da localidade coma calquera que pasara por ali.

Á espera de coñecer o millonario, os propietarios da Fuchela amosáronse felices de despachar o millón e dispostos a celebralo: "De momento aínda non o celebramos, pero algo haberá que celebrar. É unha alegría para o bar dar este premio, e vaia, para o afortunado".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019