Un bar de Ourense suma tres roubos seguidos nunha semana
Publicado o 03/11/2020 14:42
Ás restricións que vive a hostalaría o propietario deste bar de Ourense sumou un novo obstáculo nesta dura situación. Nin unha nin dúas, tres foron as veces que lle entraron a roubar en só unha semana.
En 40 anos que leva aberto o Novo Milenio nunca viviran unha situación similar, aínda así, non perden o ánimo e confían en poder seguir adiante outros tantos anos máis.
A Policía Nacional mantén aberta unha investigación para esclarecer os feitos pero de momento descartan que os tres roubos foran executados polas mesmas persoas.