Un bar de Arzúa ten penduradas do teito 2.737 gorras da metade dos países do mundo
No Camiño de Santiago podemos atopar de todo. E en Arzúa atopamos un coleccionista do máis singular. Ten 2.737 viseiras e puchos pendurados do teito e da parede do seu bar, o bar Bareta. Di que non sabe onde pode chegar e que, despois de 17 anos, vai seguir coleccionando.
Tenas de todas as cores, con sinaturas, da metade dos países do mundo e a maioría son agasallos de amigos que o axudan. Ata ten unha da filla de George Bush. Estas son as últimas catro que recibíu. Comezou co colección ao atopar unha presa de viseiras na casa por casualidade e agora son parte da historia da súa vida.
Suso López, Bareta, coleccionista: "Teño unha alí que é así un pouquiño negra que ten un tipo chaveiro e deuma meu pai uns días antes de morrer e a esa si que lle teño... E despois hai moitas porque o fillo foi as Maldivas e trouxo, uns sobriños foron a Malta e todo por aí e, ben, hai moitas ás que lles tes cariño.
Suso describe con orgullo a sensación que causa a súa impresionante colección deste bar da parroquia de Boente, paso obrigado para os peregrinos que percorren o Camiño Francés, e que tamén contribuíron.
Suso López, Bareta, coleccionista: "Un policía alemán que estivo aquí e dixo tes que me dar o nome e o enderezo porque che vou mandar unha viseira dende Alemaña. E mandouma, pero unha viseira de policía alemán".
Unha teima que é para sacarlle a pucha.