CRTVG

Buscar

Un bailarín lugués foi seleccionado para a escola do English National Ballet

Publicado o 07/04/2019 20:44

O seu mundo é a danza. E agora poderá formarse co English National Ballet. Samuel, un rapaz de Lugo, é un dos dous seleccionados en España para entrar na escola da compañía británica. Con cinco anos empezou no baile tradicional e con sete entrou no conservatoiro de danza, onde obtivo o grao profesional.

Samuel López: "Eu sempre que bailo sinto que expreso".

A formación no English National Ballet é de tres anos, pero Samuel enttra directamente no segundo curo debido á alta preparación que ten.

A matrícula custalle cada curso 20.000 euros. Samuel ten tan claro que vai marchar como que vai volver. Marcha co aopio incondicional dos seus pais, que confían na aposta do seu fillo polo mundo da danza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/04/2019