CRTVG

Buscar

Un bailarín galego crea desde Alemaña unha plataforma de danza global en liña

Publicado o 04/06/2020 21:58

Durante o confinamento démonos conta de que o mundo nin para nin debe parar. E quen non parou foi Rubén Cabaleiro, un bailarín de Mos residente en Düsseldorf. É solista nunha compañía de ballet e creou unha plataforma en liña para que puideran adestrarse bailaríns e artistas de todo o mundo. 

O café, confésanos, é un dos seus praceres irresistibles. A danza, xa non ten que confesalo, a súa paixón. O confinamento puido con ela. Paixón, e o apoio dun amigo tamén bailarín, responsables de DanceLiveEurope, a plataforma dos bailaríns en liña.

Con eles e, ao pouco a familia iría medrando, con profesores e bailaríns de todo o mundo: 100 alumnos diarios, cinco continentes pendentes das súas clases.

A danza non podía esperar. Como no escenario, a decisión tivo o aplauso do público. Agora, na sétima semana e reincorporándose aos adestramentos como solista no Ballet del Rin, compañía das cidades alemás de Düsseldorf e Duisburg, este bailarín de Mos, formado en Vigo e en Madrid, pensa xa en non baixar o pano

Haberá que agardar logo a coñecer os seguintes pasos desta coreografía mestra. Desta e das que, cando pase a pandemia, o levarán polo mundo. En xullo virá ao país para ver a familia. Amais do do café, confésanos outro segredo: nunca tivo a oprtunidade de subir a un palco galego, non habería nada que lle gustase máis.



















 

Noticias web

04/06/2020