CRTVG

Buscar

"Un axente falou co maior e o neno dixo: 'Papá acaba de matar a mamá'"

Publicado o 17/09/2019 21:11

Carlos Sanjurjo recolleu os nenos no seu coche e levounos para casa. Pero conta que antes foi o seu veciño José quen afastou os nenos, de 4 e 7 anos, da escena dos crimes.

"Ao ver os nenos que estaban alí e sen saber se o individuo seguía dentro ou fóra, mandou escapar os meniños do lugar onde pasou todo", conta Carlos.

O maior dos pequenos estaba moi afectado, consciente do que acababa de presenciar, e así llo contou a un policía.

"O axente, moi amablemente, preguntoulle se lle podía explicar que pasara coa súa nai e o seu pai. E el díxolle que o papá matara a mamá".

Confía en que o avó dos pequenos se poida ocupar deles.

"Que unha vez que se recupere do golpe tan enorme que levou por perder as dúas fillas e a muller, non cabe dúbida de que eses nenos nas mans de quen mellor van estar é nas del", di este veciño.

Os meniños están de momento ao coidado dunha tía avoa.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí