CRTVG

Buscar

Un axente da UIP da Coruña forma parte dos membros da Policía Nacional que regresan de Cabul

Publicado o 27/08/2021 20:28
Un axente da UIP da Coruña forma parte dos membros da Policía Nacional que regresan de Cabul
EUROPA PRESS

O último avión con 195 persoas a bordo con afgáns evacuados e con persoal que participou en todo o operativo, entre diplomáticos, policías e militares, aterrou este venres sobre as 19.25 horas na base aérea de Torrejón de Ardoz (Madrid).   

No avión viaxan, ademais do embaixador, Gabriel Ferrán, e outros tres diplomáticos, 20 membros da Policía Nacional e 82 militares españois, segundo fontes gobernamentais. Un dos axentes da Policía Nacional está destinado na Unidade de Intervención Policial da Coruña. A súa chegada ao aeroporto de Alvedro está prevista para a mañá deste sábado, onde terá un acto de recibimento organizado polo sindicato SUP.   

Así mesmo, tamén traslada a catro militares portugueses así como a 19 colaboradores afgáns do país veciño. Ademais, nel chegan os últimos 16 colaboradores afgáns de España e as súas familias aos que se conseguiu sacar, así como 50 da OTAN.   

Noticias web

27/08/2021