CRTVG

Buscar

Un avogado nega a vinvulación de narcos "históricos" e prevé que sairán libres

Publicado o 10/08/2018 12:02
Un avogado nega a vinvulación de narcos "históricos" e prevé que sairán libres

Un avogado que representa a un dos 27 detidos en relación co alixo de cocaína nun barco abordado preto das Azores considera que non existe vinculación dos narcos "históricos" das Rías Baixas como Manuel Charlín coa organización desartellada nesta macrooperación policial.

Francisco Miranda sinalou, ás portas dos xulgados de Vigo, onde comparecerán os detidos ante o xuíz que leva o caso, Juan Carlos Carballal, que na operación 'Barrancabermeja' houbo "algo de pirotecnia policial" ao "poñer no foco" a capos históricos que, presente, quedarán en liberdade.

"Pouco se vai a poder acreditar que teñan que ver con isto", sinalou Miranda, para quen non hai indicios da relación daqueles coa operativa criminal desarticulada en función da información á que tiveron acceso os avogados, xa que persiste o segredo das actuacións.

"Non coñecemos practicamente nada", resolveu. En total, son 27 os detidos, o último, onte á noite no aeroporto de Vigo, onde chegou nun voo procedente de Madrid. As declaracións no xulgado de instrución número catro de Vigo, que investiga a unha organización, da que formaba parte o patriarca do clan dos Charlines, que pretendía introducir cocaína polas costas galegas, comezaron este venres cos testemuños dos detidos fóra de Galicia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018