CRTVG

Buscar

Un aviso á Garda Civil puido evitar novos roubos no polígono de Bértoa

Publicado o 21/08/2019 14:12

Os empresarios do polígono industrial de Bértoa andan coa mosca detrás da orella despois dos últimos roubos que tiveron lugar hai menos dunha semana, cando foron subtraídos das instalacións dous camións con ferralla.

Precisamente este luns, os usuarios do polígono volvían alertar a Garda Civil da presenza de dúas persoas no interior dun aparcadoiro público, segundo nos contaron, con intención de roubar no interior dos vehículos.

Ao lugar desprazouse unha patrulla da Garda Civil antes de que ocasionaran ningún incidente, pero os individuos conseguiron escapar a pé. Non correron tanta sorte outros dous que ían nunha furgoneta nese momento e a poucos metros de alí, que foron detidos mentres intentaban entrar no interior desta parcela de despezamento.

Unha vez identificados, os homes eran de etnia xitana e aseguraron dedicarse á venda de chatarra. No interior da furgoneta atoparon varios palés, pero non puideron confirmar a súa procedencia, polo que non foron detidos nin se lles impuxo sanción ningunha.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019