Polo menos 45 mortos e 50 feridos no accidente dun avión militar nas Filipinas

Polo menos 45 persoas faleceron este domingo no accidente dun avión militar de transporte do Exército filipino na illa de Jolo. Arredor de 40 pasaxeiros foron rescatados con vida, segundo informan as autoridades. O ministro de Defensa, Delfin Lorenzana, sinalou nun comunicado aos medios que no avión viaxaban 92 persoas. Dos falecidos 43 eran militares que ían no avión, mentres outras tres vítimas mortais eran civís aplastados pola fuselaxe.
O aparello, un C-130 Hercules, realizaba a manobra de aterraxe nun aeródromo da illa de Jolo cando pasou a pista e non puido volver coller altura ao redor das 11:30 hora local (3:30 GMT), indicou o comandante xeral das Forzas Aéreas das Filipinas, Cirilito Sobejana, nun comunicado.
Continúa co dispositivo de busca e rescate para localizar máis de 30 persoas que tamén viaxaban no aparello no momento de sinistro. Os sobreviventes foron trasladados a un hospital militar na cidade de Busbus, informaron as autoridades. O avión partiu esta mañá da cidade de Cagayan de Oro con varias tropas que ían ser despregadas na rexión, onde aniñan varios grupos de extremistas islámicos.