CRTVG

Buscar

Un avión consegue aterrar sen a roda dianteira e sen feridos entre os seus 89 ocupantes

Publicado o 12/05/2019 13:23

Un voo de Myanmar Airlines aterrou de forma segura no aeroporto de Mandalay despois de que os problemas co tren de aterraxe o obrigaran a tomar pista sen poder usar a súa roda dianteira. O avión proviña de Yangon e antes da manobra o piloto deu varias voltas para que o persoal da torre de control de tráfico aéreo verificase que non tiña activado o tren de aterraxe e tamén para descargar combustible extra.

No vídeo pódese ver a evacuación dos 82 pasaxeiros e dos sete membros da tripulación, que, por fortuna, non quedaron feridos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/05/2019