Un avión aterra con éxito tras perder partes do motor en voo sobre a cidade de Denver
Un avión de United Airlines que engalou na cidade estadounidense de Denver este sábado con destino a Honolulú tivo que regresar de emerxencia despois de sufrir problemas cun motor e diseminar partes da fuselaxe que caeron sobre un suburbio da capital do estado de Colorado.
A nave un Boeing 777-200 volveu ao aeroporto internacional de Denver e logrou realizar uha aterraxe segura despois de experimentar fallos no seu motor dereito. Non consta a existencia de feridos ou lesionados durante a emerxencia. Agora abriuse unha investigación a cargo das autoridades aeronáuticas para investigar o sucedido.
As partes metálicas do aparello que caeron na área metropolitana de Denver e terminaron sobre os xardíns de varias vivendas e nun parque non causaron feridos. A Policía Local pediulles aos residentes que non tocasen nin movesen os anacos que se desprenderon do avión e se esparexeron pola zona e que informasen da súa localización.