CRTVG

Buscar

Un autor británico que falou coa nai de Asunta dá por feito que Rosario non ía aclarar as dúbidas sobre o caso

Publicado o 22/11/2020 15:10

Mark Guscin, doutor en Historia pola Universidade de Londres e a de Oviedo, é un británico que leva máis de trinta anos en Galicia.
É escritor de libros de historia pero o caso de Asunta atrapouno e decidiu escribir sobre el, aínda que admite que lle resultou difícil.
Mark entrevistouse dúas veces con Rosario Porto no cárcere. Uns encontros que tamén lle resultaron complicados, en parte pola actitude das persoas coas que coincidiu no locutorio.
A Rosario descríbea como unha muller intelixente e orgullosa pero tamén di que era unha muller desfeita. Desfeita, pero firme, porque o escritor está convencido de que Rosario non ía aclarar nunca as dúbidas sobre o caso.

O seu libro, editado en inglés, fai precisamente fincapé nos interrogantes que entende que persisten arredor deste crime.

Noticias web

22/11/2020