CRTVG

Buscar

Un autobús sen pasaxeiros esnáfrase contra unha casa en Boiro

Publicado o 08/02/2019 13:45

Eran as seis e media da tarde cando un autobús que circulaba por estas curvas do lugar de Ponte Goiáns, en Boiro, en dirección a Ribeira, saíu da vía. O bus non levaba pasaxeiros. Bateu contra a fachada dunha casa, rozou noutra e levou por diante un turismo que estaba estacionado diante dela e un poste.

"Afortunadamente no autobús non ía ninguén. Non houbo que lamentar ningún dano persoal, porque no coche non había ninguén. O noso traballo consistiu en retirar o poste eléctrico e sanear a vivenda afectada".

A intervención dos bombeiros prolongouse unhas tres horas. Ademais, desprazáronse ao lugar efectivos de Protección Civil e da Garda Civil para regular o tráfico. A casa máis danada está deshabitada. As primeiras investigacións apuntan a que o chofer sufriu un esvaecemento e perdeu o control do autobús.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2019