CRTVG

Buscar

Un autobús sen condutor nin pasaxeiros acaba nunha leira en Bora

Publicado o 21/04/2017 10:50

A causa máis probable é que o condutor esquecese colocar o freo de man. Non houbo que lamentar ningún ferido

Un autobús sen condutor nin pasaxeiros acaba nunha leira en Bora

IMAXE: Milagros, GContigo

Un autobús sen condutor nin pasaxeiros acabou onte pola tarde nun noiro na parroquia pontevedresa de Bora.

Investíganse as causas do accidente, pero a posibilidade que se baralla é que o condutor esquecera poñer o freo de man e o vehículo acabou noiro abaixo ata parar nunha leira.

Con todo, e por sorte, non atropelou ningún veciño nin chocou contra ningún outro vehículo, polo que non houbo que lamentar feridos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017