CRTVG

Buscar

Un autobús advirte en Compostela do descenso no consumo de lácteos

Publicado o 10/10/2019 17:24

Segundo as enquisas que anualmente elabora o Ministerio de Agricultura, o consumo de lácteos leva case unha década en claro retroceso. É por iso que a Unión Europea, xunto co sector lácteo, leva uns anos promovendo campañas de concienciación para aumentar o consumo dun produto que está na base da pirámide nutricional.

Entre 3 e 4 son as racións recomendadas de calquera lácteo. O abano de produtos é tan amplo que ata con algunha intolerancia se poden consumir.

Poñen tamén o acento nos beneficios do leite enteiro.

Este autobús lácteo vai visitar 30 cidades españolas durante dous anos.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019