CRTVG

Buscar

Un australiano tenta matar a súa moza lanzándoa contra un tren en marcha

Publicado o 17/08/2018 15:13

Un rapaz australiano está a ser xulgado no seu país por tentar matar a súa moza empurrándoa ás vías ao paso dun tren en marcha. Este é o vídeo que proba que o rapaz, de 17 anos no momento dos feitos, tentou tirar a súa moza de 14 ás vías do tren na estación Elizabeth South de Adelaida algo que ela evitou resistindo con toda a súa forza. O autor do delito pasou tres meses na cadea e saíu baixo fianza. Agora aínda que se declarou culpable pode que non volva ao cárcere xa que o xuíz sinalou que era menor de idade e finalmente non causou dano ningún.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2018