CRTVG

Buscar

Un Atlético sen recursos empata co Leganés (0-0)

Publicado o 26/01/2020 15:16

O Atlético non amosa síntomas de reacción. Tres semanas aciagas xa para o equipo de Simeone, con derrota na Supercopa e dous partidos sen ver porta en liga. E grazas, xa que o cabeiro Leganés foi mellor durante moitos minutos. Nos pimeiros 12 tivo que intervir dúas veces Oblak. Primeiro sacando unha man de nivel diante dun disparo de Kevin e despois rexeitando un lanzamento de Braithwaite.

O Metropolitano, que cantou en apoio a Simeone, apupou durante algúns instantes. E é que o xogo colchoeiro deixou moito que desexar, unha vez máis. Correa tivo a mellor na primeira parte cun disparo que se lle foi alto.
No segundo tempo incrementou o dominio o Atlético pero de xeito infructuoso, perdéndose en protestas por posibles penaltis. Cando o partido agonizaba, e despois dunha clara poortunidade de Saponjic, chegou o enésimo show de Mateu Lahoz. Expulsou por perda de tempo a Cuéllar e Jonathan Silva tivo que rematar o encontro na portería. O Atlético foi incapaz de colocar o balón na área pepineira e volveu ser vítima das súas carencias.

Noticias web

26/01/2020