CRTVG

Buscar

Un atentado contra unha academia da Policía en Bogotá deixa 21 mortos

Publicado o 18/01/2019 08:34

Xa son 21 os falecidos no atentado contra unha academia da Policía en Bogotá, a capital de Colombia. É o último dato facilitado esta noite pola policía, que inclúe na cifra de vítimas mortais ao terrorista que conducía o coche bomba. 68 persoas quedaron feridas. Na escola de cadetes estudan alumnos colombianos e doutros países de América Latina. O ataque foi á primeira hora da tarde. O autor do masacre entrou nas instalacións cun todoterreo con 80 quilos de explosivo.

Noticias web

18/01/2019