CRTVG

Buscar

Un ataúde cheo de produtos de Nadal en Barbadás

Publicado o 12/12/2019 14:02

É tempo de mercar rifas para os sorteos de cestas de Nadal. Pero a orixinalidade fai que as cestas xa non sexan cestas. Na Valenzá, no concello ourensán de Barbadás, unha funeraria ten unha valorada en máis de 2.000 euros nun ataúde. No Pereiro de Aguiar idearon lotes en carretillas, seguro que destes ninguén dubida se levalo ou non para a casa. Co cadaleito hai opinións para todos os gustos.

O ataúde de Nadal dunha funeraria de Barbadás acapara todas as miradas. E tan ben servido, que o gañador levará a caixa para cando morra, quen queira, claro, é opcional.

E é que hai xente que coa morte non xoga.

Os supersticiosos poden levar para a casa algo máis práctico en vida.

Sortéanos nunha cafetería do Pereiro de Aguiar cos últimos dous números da Lotaría do Neno.

Todos queren levar a carretilla para a casa e case non quedan números. Para o ataúde hai xente que mesmo chamou de fóra para reservar rifa hai un mes, se levan ou non o cadaleito para a reserva é outro cantar.

Noticias web

12/12/2019