CRTVG

Buscar

Un ataque vandálico impide a entrada no santuario dos Remedios de Verín

Publicado o 03/09/2021 14:36

Por máis que o intentaron, os devotos da Virxe dos Remedios de Verín non puideron entrar no templo por mor dun acto vandálico.

Non puideron celebrar a novena e, despois de máis dunha hora tratando de abrir a pechadura, rezaron un rosario no exterior e marcharon afectados polo ocorrido. Hoxe por fin puideron entrar ao templo e xa cambiaron a pechadura.

Ademais da pechadura, apareceron varios buracos nos altofalantes do templo; din que semella que lles dispararon.

Agardan que non volva ocorrer, pero aseguran que non é a primeira vez que este santuario é vítima dun acto vandálico.

Co problema solucionado, hoxe poderán seguir coa novena na honra da Virxe dos Remedios. O párroco di que vai interpoñer denuncia perante a Garda Civil.

Noticias web

03/09/2021