CRTVG

Buscar

Un ataque do lobo en Carral deixa vinte ovellas mortas e 18 feridas

Publicado o 12/06/2019 16:44

Vinte ovellas mortas e dezaoito malferidas é o resultado dun novo ataque do lobo no concello coruñés de Carral. O gandeiro prexudicado di que agora non lle queda outra que extremar as precaucións e manter o seu rabaño en leiras cercadas para que non se produzan máis baixas.

Olegario ten un rabaño dunhas mil ovellas que acostuman pastar neste leira próxima á casa. Porén de madrugada veu o lobo e causou unha gran desfeita. Matoulle vinte e outras dezaoito deixounas malferidas.

Olegario Castelo Martínez, vítima do ataque do lobo: "Algunhas desas xa se foron... xa morreron. Non lles vale matar e comer. O pracer deles é matar. Noutro ataque xa nos mataran 48".

Olegario conta que xa o alertaran varios veciños porque eles tamén foron vítimas do lobo días antes.

Olegario Castelo Martínez, vítima do ataque do lobo: "Aí arriba xa mataron oito ou nove...".

Con esta situación ten claro que non lle queda outra que extremar as precaucións.

Olegario Castelo Martínez, vítima do ataque do lobo: "É que agora os lobos saben onde están as ovellas...".

Así que vai manter o seu rabaño pechado para evitar que se produzan novas baixas e máis perdas económicas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019