Un ataque do lobo en Carral deixa vinte ovellas mortas e 18 feridas
Vinte ovellas mortas e dezaoito malferidas é o resultado dun novo ataque do lobo no concello coruñés de Carral. O gandeiro prexudicado di que agora non lle queda outra que extremar as precaucións e manter o seu rabaño en leiras cercadas para que non se produzan máis baixas.
Olegario ten un rabaño dunhas mil ovellas que acostuman pastar neste leira próxima á casa. Porén de madrugada veu o lobo e causou unha gran desfeita. Matoulle vinte e outras dezaoito deixounas malferidas.
Olegario Castelo Martínez, vítima do ataque do lobo: "Algunhas desas xa se foron... xa morreron. Non lles vale matar e comer. O pracer deles é matar. Noutro ataque xa nos mataran 48".
Olegario conta que xa o alertaran varios veciños porque eles tamén foron vítimas do lobo días antes.
Olegario Castelo Martínez, vítima do ataque do lobo: "Aí arriba xa mataron oito ou nove...".
Con esta situación ten claro que non lle queda outra que extremar as precaucións.
Olegario Castelo Martínez, vítima do ataque do lobo: "É que agora os lobos saben onde están as ovellas...".
Así que vai manter o seu rabaño pechado para evitar que se produzan novas baixas e máis perdas económicas.