CRTVG

Buscar

Un ataque con arma branca deixa un morto e dez feridos nunha escola de Finlandia

Publicado o 01/10/2019 15:46
Un ataque con arma branca deixa un morto e dez feridos nunha escola de Finlandia

Un incidente violento nun centro educativo deixa, polo menos, unha persoa morta e dez feridas. Segundo as primeiras informacións, trátase dun ataque con arma branca nun centro de Formación Profesional de Kuopio, no leste de Finlandia.

O centro está situado nunha zona comercial que permanece acordoada. O presunto agresor xa foi detido. Quedou ferido no tiroteo que tivo lugar despois do ataque. Os equipos de urxencias trasladaron os feridos aos centros hospitalarios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019