CRTVG

Buscar

Un asturiano levantou hoxe o primeiro salmón da tempada no Lérez, un peixe de case 11 quilos

Publicado o 21/05/2019 21:31

Un asturiano levantou hoxe o primeiro salmón da tempada no Lérez. Un peixe de case 11 quilos que bate todas as marcas. É o máis grande que se pesca neste río dende que hai rexistros.

Virgilio Alonso amosa orgulloso o campanu do Lérez. Os pescadores levaban 20 días agardando para capturar o primeiro salmón da tempada. E o desexado peixe chegou facendo historia.

Virgilio pasou horas estudando o río ata que localizou o salmón no Pozo de Bora. A loita por sacalo da auga durou case 30 minutos.

En Asturias, un campanu coma este podería valer uns 15.000 euros, pero Virgilio non o vai vender. Este salmón histórico será un regalo para un coñecido empresario galego.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019