CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Un artista cangués expón libros realizados en madeira

Publicado o 18/05/2017 20:55


Libros gravados en pezas de madeira. Así de curiosa é a obra do artista cangués Agustín Bastón. El dálles a forma e amigos e coñecidos escriben poemas, debuxos ou textos. Ten exemplares de madeira de ciprés de Sawara ou de eucalipto vermello.

Este é o tercero ano en que Agustín Bastón expón a súa peculiar biblioteca de libros tallados en madeira. En total, 84 exemplares, de formatos moi diferentes e realizadas en 80 madeiras diferentes. El dálles forma ás pezas, entrégallelas aos seus amigos para que eles graven o que queiran.


As obras están realizadas en madeira de piñeiro, carballo, e noutras máis exóticas como ciprés de Sawara, eucalipto vermello ou en madeira do século XIX. Moitos exemplares curiosos que chaman a atención.


A exposición estará aberta ata o 28 de maio e as obras non están á venda.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí