Un arquitecto galego opta a catro premios na Bienal de Arquitectura
O lavadoiro de Artes en Ribeira, que bebe do rio que lle da nome, é probablemente un dos máis longos de Galicia. Ten 30 metros de lámina de auga, e agora recuperou o esplendor que tivo noutrora.
O proxecto de recuperación deste espazo tradicional de interacción social valeulle ao estudo de Carlos Seoane ser finalista na XV Bienal de Arquitectura e Urbanismo. Outra das actuacións finalistas no certame é o Banco do Piñeiro: un miradoiro accesible ao carón do da pedra da Rá.Nos dous proxectos Seoane apostou polo granito e por materiais reciclados.
O estudo de Seoane compite ademais na categoría de investigación con outros dous proxectos: un sistema de barreiras para controlar os movementos do púlico na catedral de Santiago co gallo do Ano Santo, e o deseño de elementos identitarios do Camiño na confluecia das distintas rutas xacobeas. O luns coñeceranse os gañadores.