CRTVG

Buscar

Un apicultor da Mariña patenta unha trampa para protexer as colmeas das avespas velutinas

Publicado o 13/08/2017 14:00

Isto non é o único que inventou, senón que tamén é o autor dun sistema para queimar niños sen risco

Un apicultor da Mariña vén de patentar un sistema que protexe as colmeas do ataque da avespa velutina. Deseñado en madeira, ten un enreixado e dúas redes que impiden o acceso ao interior, ao tempo que facilita a saída das abellas en busca de alimento. 

Adáptase a calquera formato e a máxima eficacia alcánzase cando se usa xunto con trampas estancas, situadas no exterior da colmea. A vespa asiática acude a elas cando ve que non pode acceder á colmea. 

O modelo de trampas non é o único invento deste apicultor, que tamén é o autor dun sistema para eliminar os niños das nespras asiáticas. Agora está á espera dun socio inversor que se faga cargo de fabricar e comercializar este sistema de trampas. 

Hai cinco anos que se detectaron na Mariña os primeiros niños de avespa asiática.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2017