CRTVG

Buscar

Un aparatoso accidente en Palmeira deixa varios vehículos danados e dúas persoas feridas

Publicado o 03/06/2020 14:08

Esta é a imaxe que atoparon os veciños desta rúa Barreira de Palmeira tras escoitar contra as dúas e cuarto da madrugada un forte impacto.

Ata o lugar desparazouse unha dotación do parque de bombeiros de Boiro e outra do parque de Ribeira.

Malia a aparatosidade do accidente, os dous ocupantes do vehículo, un mozo e unha moza, saíron polo seu propio pé, se ben foron trasladados ata o hospital da Barbanza con feridas de carácter leve.

Esta mañá, xa coa luz do día, os veciños comprobaban os danos ocasionados. Varios guindastres procedían a retirarar os vehículos danados.

A Garda Civil investiga as causas do accidente que, segundo os veciños, se puido deber a un exceso de velocidade.

Noticias web

03/06/2020