CRTVG

Buscar

Fai un ano do falecemento de Julen coa vista posta no xuízo pola súa morte

Publicado o 13/01/2020 09:02

O 13 de xaneiro de 2019 Julen, de dous anos, precipitouse por un pozo de 25 centímetros de ancho e máis de 70 metros de profundidade en Totalán, Málaga. Comezaron entón os traballos para chegar ata el, complicados labores que contaron cuns 300 efectivos e tiveron en vilo a toda España, espertando unha grande expectación e unha onda de solidariedade.

Trala perforación dun túnel vertical e varias complicacións técnicas, mineiros conseguían rescatar o corpo do pequeno abrindo manualmente unha galería horizontal. Foi despois de 13 interminables días.

A autoposia confirmou que Julen faleceu na caída, hai hoxe un ano. O dono do terreo onde estaba o pozo será xulgado a partir do 21 de xaneiro

A Fiscalía solicita para David Serrano tres años de prisión por homicidio por imprudencia, os país de Julen tres anos e medio.

 



Noticias web

13/01/2020