CRTVG

Buscar

Un ano máis, milleiros de corredores enchen as rúas galegas pola San Silvestre

Publicado o 31/12/2019 14:48

Por oitavo fin de ano consecutivo, a capital galega celebra a carreira popular San Silvestre. Ás seis da tarde, uns 2.000 corredores sairán do Obradoiro e volverán seis quilómetros despois ao mesmo punto.

Algúns móstranse confiados e percorrerán as rúas sen preparación previa. Outros confían en estar en forma para a proba ou inician propósitos de ano novo antes de que comece o ano.

Outras cidades galegas tamén ultiman os preparativos para esta deportiva e saudable despedida do ano que remata. Na Coruña, o encontro comezará ás cinco da tarde na praza do Parrote. Tamén ás cinco se dará comezo a este evento na cidade olívica. Farao dende a rúa Policarpo Sanz.

Un percorrido similar farán os pontevedreses, que comezarán na rúa Montero Ríos o evento que levan nada menos que 36 anos organizando. Do Club Fluvial lucense sairán os corredores ás cinco e media da tarde, mentres que en Ourense o farán xa ás catro dende o xardín do Posío. En todas elas, haberá categorías tanto de adultos coma de nenos.

Noticias web

31/12/2019

Máis sobre actualidade