CRTVG

Buscar

Un ano despois da morte de Desirée Leal, a instrución do caso podería estar próximo a acabar

Publicado o 01/05/2020 14:29

Foi o 3 de maio de 2019 cando un tráxico suceso conmocionou a comarca da Terra Chá. En Muimenta, no concello lugués de Cospeito, aparecía morta na súa cama Desirée Leal, unha nena de tan só sete anos que residía xunto a súa nai e a súa avoa. Á dor pola perda da pequena sumouse tamén a incerteza de que acontecera e foi case un mes despois cando o xuíza que instrúe o caso decretou prisión sen fianza para a nai de Desirée, Ana Sandamil, como única investigada por un suposto delito de homicidio ou asasinato. Agora, logo dun ano, a instrución está a piques de rematar, pero aínda non hai data de xuízo, que será con xurado popular.

Ana Sandamil permanece ingresada no módulo de psiquiatría da prisión de Teixeiro, onde solicitou a liberdade provisional ante posible risco de contaxio do coronavirus, pero foille denegada. A acusación particular podería pedir para ela prisión permanente revisable.

En todo este tempo non cesaron as homenaxes de familiares, veciños e amigos en recordo de Desirée, como estas ás portas do cemiterio de Roupar o día no que faría oito anos, e onde non faltaron os globos azuis, a cor favorita da pequena Desirée.

Noticias web

01/05/2020