CRTVG

Buscar

Un ano de cadea por agredir a profesora da filla en Vigo

Publicado o 14/02/2020 20:01

Condenan a un ano de prisión á muller que lle deu unha labazada na cara a unha profesora dun colexio de Vigo. Amais, terá que pagarlle á vítima unha indemnización. A muller tamén está condenada polo delito de ameazas. Unha amiga da condenada, nai dunha alumna da mesma profesora, tamén terá que pagar unha multa. Ocorreu en decembro de 2018 por unha disputa sobre a recollida da filla de 6 anos á saída do colexio.


 

Noticias web

14/02/2020