CRTVG

Buscar

Un ano da sentenza de La Manada

Publicado o 26/04/2019 13:28

A sentenza da Audiencia Provincial de Navarra, considerando abuso sexual e non agresión provocou unha vaga de mobilizacións en toda España.

Na sentenza non se apreciou nin violencia, nin intimidación nos feitos que aconteceron nas festas de San Fermín de 2016, cando unha moza de 18 anos denunciou que sufrira unha violación múltiple.

Os cinco membros de La Manada foron condenados a nove anos de prisión por un delito continuado de abuxos sexuais. A sentenza foi confirmada en decembro polo Tribunal Superior de Navarra. Agora debe pronunciarse o Tribunal Supremo.

A fiscalía do alto tribunal pide que se condene cada un dos acusados a 18 anos de prisión por un delito continuado de agresión sexual.

A resposta en contra da sentenza inicial viuse nas rúas, pero tamén puxo riba da mesa a posible reforma do código penal, que a convocatoria de eleccións deixou sen rematar.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019