CRTVG

Buscar

Un ano da morte do pequeno Gabriel, o peor desenlace a trece días de desesperación

Publicado o 27/02/2019 16:21

Tal día coma hoxe de hai un ano coñecíase a desaparición do pequeno Gabriel nunha aldea de Níjar. Foron doce días de busca que sumiron na desesperación os pais do neno de oito anos. Apareceu morto no coche de Ana Julia Quezada, a compañeira sentimental do pai do pequeno.

Esta foi a primeira fotografía que se difundiu do pequeno Gabriel, aquel 27 de febreiro do 2018. Era unha das que levaba súa nai no móbil cando denunciou a desaparición do pequeno de oito anos en Las Hortichuelas, unha aldea pequena de Níjar.

A busca do neno mobilizou centos de voluntarios e colapsou a pequena aldea de medios de comunicación de toda España. Durante preto de dúas semanas, os pais agardaron con desesperación algunha nova do seu pequeno.

A busca concluíu trece días despois, cando os axentes atoparon o corpo do neno no maleteiro do coche de Ana Julia Quezada, a compañeira sentimental do pai de Gabriel, que durante todo o tempo se mantivo en público a carón da familia.

O peor dos desenlaces derrubou os propios investigadores. Desde entón a familia optou por desaparecer da escena pública e mesmo pediu a retirada de dúas acusacións particulares para evitar, din, o show mediático. Nos próximos días procederase con toda seguridade á apertura do xuízo oral.

 

Noticias web

27/02/2019